Crónicas planetarias
AG.- Xoán Xosé Santos Costa do IES A Guía envía esta fantástica actividade para as aulas de BioXeo de 1º de ESO.
O obxectivo é que a rapazada sexa capaz de pesquisar información sobre un planeta e, como mínimo, dar a coñecer os seguintes ítems:
- Posición respecto ao sol
- Velocidades de rotación e translación
- Características peculiares
- Satélites e, se non tiver, explicar por que.
Como tarefas:
- Actividade oral: expón a información anterior
- Podes elaboralo na casa usando plataformas como o tik-tok…
- Exposición, aproximadamente, 2 minutos
- Cartas desde un planeta
- EscrIbe unha carta como se estiveses nese planeta,
- Que verías dende a superficie?
- Que problemas terías para vivir nel?
Podedes descargar a rúbrica de avaliación aquí.