Entrega de premios I Concurso de Narrativa Sonora Ouvea o Lobo

AG.- As rapazas gañadoras do I Concurso de Ouvea o Lobo recibiron, nos seus respectivos centros, os agasallos de Atlántica Festival Internacional de Narración Sonora e da Fundación Luis Seoane.

Parabéns de novo ás tres autoras e ao profesorado que fixo posible a súa participación. As premiadas pertencen aos IES de Mos en  Mos (Pontevedra), ao IES Fontem Albei na Fonsagrada (Lugo) e ás Escravas do Sagrado Corazón de Xesús na Coruña.

Agardamos a vosa participación na próxima edición do Concurso Ouvea o Lobo.

Nestas imaxes podedes ver as premiadas amosando algún dos agasallos recibidos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *