Coreo- Calero

AG.- O pasado mércores, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende o CEIP do Carballal de Marín quixeron achegar o seu gran de area argallando unha coreografía conxunta co CEP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa).

Á mensaxe reivindicativa da letra e máis ao goce do baile e da música, hai que engadir a orixinalidade das técnicas empregadas para a súa gravación.

A que apetece poñer o corpo en movemento?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *