Nadal en pictogramas

AG.- Facémosche unha proposta para celebrar o Nadal e mais a diversidade funcional que poboa as nosas aulas. Todos e todas somos diversos e, como tal, por que non aprender a comunicarmos do xeito en que o fan algúns colectivos como o autista?

Aí vai a proposta:

-1ª fase: traballar o vocabulario do Nadal en galego por medio dos pictogramas que ARASAAC incluíu neste libro de Nadal

-2ª fase: pensar nunha mensaxe de Nadal para elaborar unha postal.

-3ª fase: traducir a mensaxe a pictogramas. Inclúe a túa mensaxe en linguaxe verbal nalgún sitio discreto da postal.

Se vos animades, podedes incluso, intercambiar as postais con outras clases, decorar unha árbore situada no voso instituto ou escola e mesmo facer un intercambio de postais con outros centros educativos.

Animádevos e, sobre todo, creade e aprendede.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *