Axúdame a tomar unha decisión…

AG.- Estou moi namorada do meu recente noivo. Estou en 4º da ESO e os estudos cústanme bastante, aínda que vou logrando aprobar.
Por outra parte, sei o que é o mito do amor romántico, que consiste en que as rapazas esperamos a que nos chegue un príncipe azul que nos salve de todos os problemas e nos faga sentir princesas. E tamén me teñen falado das fatais consecuencias deste mito, entre outras facernos pasivas ás mulleres e impedir que nos desenvolvamos como persoas autónomas.
O meu mozo, que é dous anos maior ca min, repetiu varias veces e acaba de deixar os estudos para buscar traballo; ten moi bo corazón e preocúpase por min. El dime que sería mellor que non intente estudar na universidade, que é a miña ilusión, porque non teño capacidades suficientes e porque facendo un ciclo medio podería traballar antes e así estariamos mellor os dous.
Hai outras rapazas da clase ás que lles gusta o meu mozo e fanlle as beiras, polo que teño bastante medo a perdelo se me empeño en facer e acabar o Bacharelato e, por riba, dubido que sexa capaz de acabalo.

Que debo facer?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *