Thanksgiving
AG.- Nos EUA o cuarto xoves do mes de novembro celébrase o chamado Día de Acción de Grazas, cuxa orixe se remonta ao ano 1620, cando os primeiros peregrinos viaxaron desde Inglaterra ás Américas no barco Mayflower e desembarcaron en Massachusetts. Tras sobrevivir a un inverno moi duro coa axuda da tribo dos Wampanoag e obter unha boa colleita, os peregrinos organizaron unha gran cea compartida cos indios nativos para agradecerlles a súa axuda. Esta primeira celebración durou varios días nos que compartiron alimentos e tamén tempo de lecer.
O profesor Bautista Ramos achégache estas actividades para afondar nesta tradición norteamerica. Vas deixar pasar a ocasión?