What do you prefer?
AG.- O profesorado de linguas estranxeiras sabemos ben o complicado que é ás veces conseguir que a rapazada fale na lingua que estamos a ensinar. A profe Olalla Calo quere botarnos unha man con esta actividade oral na que deben facer unha escolla e explicar os motivos que se agochan detrás dela. Podedes empregar directamente esta presentación ou ben descargala en formato powerpoint para empregala coma se fose un xogo. Veredes que ben funciona!