POLBO VEGANO

AG.-  Bolboretas no bandullo tráenos está nova receita.

POLBO VEGANO!

Ingredientes (para 2-3 persoas):

  • 2- 3 patacas medianas
  • 15-18 cogomelos xitaque
  • Pemento doce
  • Pemento picante
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Auga
 
 
Utensilios: unha pota, un prato para presentar e un coitelo.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de limpar e cortar en anacos os cogomelos xitaque.
Botámolos nunha pota con abundante auga quente e deixamos que fervan durante 5 minutos.
Mentres tanto, pelamos e cortamos as patacas en cachelos.

De seguir, engadimos as patacas e salgamos ao noso gusto.

Cocemos todo xunto até que as patacas estean brandiñas, sobre 10-15 minutos.

Botamos no prato en que o imos presentar, nós escollimos un de madeira típico das tabernas, e aliñamos con aceite, pemento doce, pemento picante e sal, todo ao noso gusto.

E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *