Guy Fawkes Night

AG.- Hoxe é Guy Fawkes Night, ou tamén chamada Bonfire Night, unha festividade autóctona do Reino Unido. Lémbranos que o 5 de novembro de 1605 Guy Fawkes, un activista católico inglés foi arrestado cando intentaba voar polos aires a Cámara dos Lores do Palacio de Westminster co rei James I no seu interior, posto que estaba en contra da súa política con respecto ao catolicismo. Dende aquel entón, todos os anos hai unha grande celebración con fogos de artificio na que se queima un boneco que representa este personaxe histórico. O profesor Bautista Ramos proponche afondar na orixe desta historia con estas actividades. Anímaste?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *