Samaín inclusivo
AG.- A sección de atención a diversidade traballou en conxunto para ter actividades para tod@s.
Tareixa presenta en LSE unha canción parao Samaín, Alba de creandoenespecial.blogspot.com fixo sumas e dominó “terrorífico” para traballar con pictogramas, Bea preparou un xogo interactivo de memoria e Marta de burbudept.blogspot.com deiXamos uns xogos interactivos moi completos. Paula tamén nos deixa actividades para traballar na mesa de luz, pero que tamén podemos imprimir e traballar como ficha.
Queredes ver todo o material ?? pois seguide baixando, pero non paredes…. que aquí temos moitos recursos.
Velaquí unha actividade na que podedes ver cancións, contos, para bailar e moitos xogos… Seguide lendo porque, ademais de xogar, tamén podemos aprender sobre o Samaín:
Que vos parece agora xogar un pouco e traballar a memoria cun xogo de Bea?
Agora podemos divertirnos moito con este Dominó do Samaín para traballar as sumas do 1 ó 6,preme aquí para o dominó das sumas
Alba tamén preparou unha “Roda de sumas” para traballar de xeito manipulativo (péganse as sumas nas pinzas e así poderase facer a roda unha e outra vez. Hai tres cores diferentes, xa que se poden utilizar diferentes sumas para un mesmo número e ter para a mesma roda catro respostas) nesta ligazón podes descargar unha roda de sumas e unha roda sumas e restas
Agora podemos cantar con Tareixa en LSE:
Paula fixo material para traballar na mesa de luz, pero se queredes podedes traballar como fichas tamén. Aquí tedes o imprimible e aquí tedes máis material hALLOWEEN- SAMAÍN ( MESA DE LUZ).
E xa, por último, Marta preparou unha Oca terrorífica para xogar con ela na casa e poder repasar as sumas e as contas. Preme aquí para ver a Oca Samaín