Celebramos o “DÍA das ESCRITORAS”.

Colaboración de Xosé María Lores.

AG.- Celebramos unha nova edición do Día das Escritoras. Con tal motivo aproveitamos para percorrer , mapa en man, vinte e unha xeografías de escritoras.

Porque a escritura en feminino atravesa todas as fronteiras, cingue todos os mares, abrangue todos os continentes e pertence a todas as épocas, precisamos facela visible; necesitamos poñer letra, voz e cara a tantas plumas femininas que viven no esquecemento e sofren o ostracismo.

Preme nos puntos sinalados nos mapas e poderás coñecer biografías, textos, artigos, entrevistas, vídeos… de e sobre distintas autoras, acabarás recoñecendo que a escritura é un substantivo de xénero feminino e número plural.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *