Carné de falante

AG.- Que tal o primeiro mes de curso? Si, un pouco raro é pero aí andamos aprendendo e motivando.

Desta volta dirixímonos ao profesorado de lingua. Tedes problemas para que o alumnado fala en galego? Non conseguides estratexias para que falen espontaneamente? Queredes deixar de estar continuamente “fala en galego”, “fala en galego”? Pois aquí vos vai unha axudiña.

A profesora Lorena Carrasco deseñou un carné por puntos. O funcionamento é moi sinxelo, repártese o carné a cada persoa da aula co compromiso de falar en galego espontaneamente e sen ter que chamarlle a atención. Cada vez que fale en castelán, restamos un punto e, se os perde todos, ten que recuperalos cun traballo (normalmente unha exposición oral). Se non perde ningún punto, terá unha sorpresiña ao final do trimestre (ademais da nota podemos darlle un diploma “ao mellor falante”, algún premio ou o que se nos ocorra para que siga motivándose a falar esta nosa lingua.

Aquí vos quedan as dúas ligazóns en PDF e en .odt por se o queredes modificar Carné lingua galega. Carné lingua galega... Esperamos que sexa de moita axuda!


2 comentarios en «Carné de falante»

  • 23 Outubro 2020 ás 19:27
    Ligazón permanente

    Acabo de ver a túa proposta e, co teu permiso vouna tomar prestada para a miña aula de 6º. Grazas por compartilo!

    Resposta
    • 25 Outubro 2020 ás 16:53
      Ligazón permanente

      Xenial, Charo. Xa nos contarás como che foi. Un saúdo.

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *