Que pasa cando hai máis turistas que veciñas? A xentrificación.
AG.- Comezamos o curso tras este estraño verán compartindo esta reportaxe con vídeos curtos de O Salto Galiza ao redor da problemática da xentrificación. Trátase dun material elaborado antes da pandemia da COVID-19, onde xa se mostran problemáticas que a crise actual está agravando do xeito máis temido polas persoas afectadas que falan nos vídeos.
Deixamos algunhas preguntas para a reflexión tras o visionado e lectura de “Fóra: Historias de xentrificación“:
– Que é a xentrificación?
– En relación á vivenda, que aspectos pensas que inflúen na suba dos prezos dos alugueres en localidades como Santiago de Compostela?
– Que impacto cres que está a ter o turismo no día a día das persoas que dan a súa testemuña?
– Na túa contorna, atopas exemplos de comercios de proximidade que continúen abertos despois de moitos anos? Como pensas que sobreviven? Podes contactar con algunha experiencia semellante e indagar para elaborar un pequeno esquema das principais problemáticas e condicionantes deste tipo de negocios.
– Coñecías o caso de SOS Panadeira? Que papel tivo a participación veciñal no desenvolvemento do proxecto de construción? E o sector público? E o sector privado?