Olla a palabra do día (2): “Apoderamento”

AG.- A palabra do día de hoxe é “apoderamento” e a proposta visual céntrase na mostra ‘A conciencia da razón’, que recolle no Colexio de Fonseca o legado de Concepción Arenal con motivo do bicentenario do seu nacemento.

Pódese visitar ata o 7 de novembro en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30.

A exposición revisa a vida desta pensadora dotada dunha sensibilidade social adiantada á súa época, unha voz firme contra a desatención e a explotación da infancia.

“Hai moitas cousas malas en España, moitas pero ningunha máis, ningunha tanto, como o modo de tratar aos nenos que tiveron a desgraza de nacer no chan. Xa se considere ao neno en casa ou na rúa, na escola, no campo ou na mar; mendigando ou no traballo; na Casa de Beneficencia ou na prisión, onde queira excita mágoa a súa desdita, indigna a maneira absurda ou cruel con que se lle trata, e temor ás consecuencias que para el e para a sociedade resultarán da inxustiza da que é vítima”.

Dona Concepción ten máis que merecida esta estatua de tinta que hoxe lle debuxamos, pois como se di nun dos volumes da mostra, “Yo también creo que merece doña Concepción que se le levante una estatua; pero creo que lo merece precisamente por no quererla”.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *