Que medio de transporte colleremos despois?
AG.- Para comezar a nova tempada en Enredos, un recurso creado pola xente de miminipandi para a etapa de Infantil. O seu obxectivo é traballar a orientación espacial e a direccionalidade. Trátase dun material manipulativo: un taboleiro con medios de transporte e 15 tarxetas nas que se parte dun determinado medio de transporte e cómpre adiviñar, seguindo as instrucións das frechas, a que outro medio de transporte se chega.
Aquí se pode descargar o PDF co taboleiro e coas fichas.
Unha achega de Patricia Fernández González.