Autoras seleccionadas na 1ª edición no concurso de narrativa sonora Ouvea o Lobo.
AG.- Unha vez rematada a valoración popular nas redes dos relatos seleccionados polo comité de avaliación da primeira edición do concurso de creación de narrativa sonora para Aulas Galegas, Ouvea o Lobo, o relato máis valorado é o titulado “O día en que Darío marchou” da autora Érika Álvarez González, alumna de 13 anos do IES de Mos.
Érika baseouse no debuxo de Santy Gutiérrez, “Palleiro e espantallo” e presentou a obra baixo o pseudónimo Limón24.
Ségueo o relato “Sen título” escrito por Noah Rodríguez Otero de 15 anos do CPR Esclavas do Sagrado Corazón de Xesús e que se inspirou nun debuxo de Lino Braxe.
Ambos textos serán sonorizados e presentados polas autoras no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).
O xurado do certame subliñou tamén a narración de Carla Osorio López, alumna de 1º de Bacharaleto no IESP Fontem Albei (A Fonsagrada).
Podedes gozar da lectura das narracións na canle de AG en Calaméo.
As autoras dos tres relatos seleccionados polo xurado, recibirán unha selección de libros editados pola Fundación Luis Seoane e un lote de libros adaptados ás súas idades de Atlántica Festival Internacional de narración Oral, as dúas entidades, xunto co FIOT, que avalan esta inciativa.