Videoleccións: introdución ás formas do litoral.

As Formas do Litoral

  • Introdución:

AG.- A incidencia que o mar exerce sobre o litoral, xunto coas súas características topográficas, litolóxicas e xeomorfolóxicas, deron lugar a unha ampla variedade de paisaxes costeiras que se orixinaron ao longo da historia da terra. Estas paisaxes son froito dos axentes xeolóxicos internos e externos, da dinámica xeolóxica da Terra e incluso das transformacións que o ser humano provoca no territorio.

En razón a isto podemos diferenciar tres sistemas costeiros:

Sistemas costeiros afectados pola ondada xa sexa nun proceso que produza a destrución do litoral ou a acumulación de materiais. A esta categoría pertencen os cantís, as plataformas litorais, os coídos, as praias, frechas e tómbolos, as lagoas e as albufeiras.

Sistemas costeiros afectados polas mareas entre os que se encontran os deltas, os esteiros, as marismas e os  arrecifes de coral.

E Sistemas costeiros afectados polo vento dos que deriva a creación de sistemas dunares.

Un caso complexo son as rías, megaestruturas que albergan no seu interior formas litorais moi variadas desde esteiros, cantís, illas…

  • Videolección: 

  • Pon a proba os teus coñecementos con estes Kahoots!

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO (Bloque 4. O relevo terrestre e a súa evolución); Ciencias da Terra e do Medio Ambiente 2º Bacharelato (Bloque 5. A xeosfera e os riscos xeolóxicos); Xeoloxía 2º Bacharelato (Bloque 5. Procesos xeolóxicos externos).

PROPOSTA REALIZADA POR: XeoClip (Xacobo de Toro, Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa e Fernanda Moltó Roibal).

FONTES: XeoClip e Creative Commons.

Creative Commons


3 comentarios en «Videoleccións: introdución ás formas do litoral.»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *