Verán pillabán 2020!

AG.-

Ola a tod@s!

Esta é a nosa última actividade do curso 2019-2020!!! Un curso moi distinto para toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, persoal non docente, administrativo…) Na nosa sección tratamos de achegar á cativada, profesorado e familias recursos relacionados cos contidos curriculares de 1º e 2º de Primaria:

  • En galego
  • Accesibles
  • Sinxelos
  • Xeitosos

Queremos dar as grazas a Aulas galegas (persoas “visibles” e “non visibles”). Ao profesorado que recorreu a nós nestes tempos. Ás familias e rapazada que gozaron coas actividades. E, por suposto, aos mestres e mestras que  non dubidaron en compartir a súa experiencia docente nesta sección.

Por todo isto e máis… MOITAS GRAZAS!!!

O que si temos claro é que somos MESTRAS, así que non podemos acabar sen deixarvos unhas propostas que podedes ver neste vídeo.

E xa para acabar, coma quen non quere a cousa, que vos parece rexistrar o voso verán pillabán no noso “caderno secreto“???

Saudiños!!!

Arancha&Pepa


6 comentarios en «Verán pillabán 2020!»

  • 19 Xuño 2020 ás 12:03
    Ligazón permanente

    Graciñas por todo. Oxalá todas os/ as profes foran así. Pepa, botarémoste moito de menos, en especial Dinko que te quere mogollón. Graciñas por todo.

    Resposta
  • 19 Xuño 2020 ás 23:01
    Ligazón permanente

    Gracias por tanto.
    Te echaremos de menos Pepa.
    Feliz Verano.
    Nos vemos en Septiembre.

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará