Good job!
AG.- Agora que remata este curso tan estraño debido ás circunstancias excepcionais que nos tocou vivir por mor da COVID-19, desde a sección de Inglés Secundaria queremos despedirnos cun toque de optimismo. Gustaríanos salientar o estupendo comportamento da nosa rapazada dicíndolle: “Bo traballo!”
A profesora Paula López aproveita a canción “Good job” da famosa cantante norteamericana Alicia Keys para incidir nesta mensaxe. A actividade proposta podes descargala picando nesta ligazón ou, se o prefires, facela directamente en liña.
Máis nada polo de agora. Lembra que volveremos en setembro con moitas máis achegas que xa estamos a preparar. Graciñas pola boa acollida recibida. Make the most of your summer!!!