Fin de curso: xogos, acampada caseira e San Xoán!

AG.- Pois si, xa é unha realidade! Despedímonos ata setembro pero… queremos facelo ao grande!!! Que vos parece xogos de auga toda a tarde, despois celebrar o San Xoán cunha estupenda lumeirada e despois unha acampada? Na casa ou no exterior, o caso é divertirse!!!

Comezamos!

A profa Ana Pérez tráenos un montón de xogos para facer  estes días:

 

Aquí vos deixa a nosa profa Rebeca Núñez Varela as plantas que necesitamos para facer o cacho de San Xoán!

E despois de preparar as herbas de San Xoán, que vos parece facer unha acampada caseira, na casa ou se tedes horta no exterior, para gozar coas constelacións, estrelas, lúa, durmir  en sacos, contar historias de medo, ou contos de risa…? Con invitados moito mellor!

Pásadeo moi ben e descansade moito!!! Toca divertirse, ler moitos contos e gozar do aire libre! Bicos virtuais de todo o equipo de infantil de Aulas Galegas!

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *