Creatividade con pegadas de Oviravai

AG.- Nesta actividade, Ángela L. Covelo proponnos mesturar dunha maneira moi divertida a música e a plástica.

Pois ben, a canción “A granxa” de Oviravai, na que os seus protagonistas son os animais , sérvenos de inspiración para crear todo un mundo animal no papel empregando as pegagas dos nosos dedos. Aprende a canción e logo ponte a crear os teus animais favoritos.

Exemplos de animais feitos con pegadas

 

 

 

 

 

 

Para facerdes os vosos debuxos podes empregar a tinta dos cuños, pintura de mans, rotuladores ou incluso maquillaxe.  Se queredes, tamén podes, coa receita que deixamos na imaxe,  facer a túa propia pintura.

Podedes mandarnos os vosos debuxos a aulasgalegasmusica@gmail.com  ou ben deixalos nos comentarios.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *