A torre das sumas

AG.- Estamos seguras de que moitas e moitos de vós xogastes algunha vez coa torre de bloques de madeira, a jenga. Hoxe, a mestra Fátima Rúa quere compartir con vós un uso diferente. Ben sabedes que xogando podemos aprender moito!

A idea consiste en escribir nos bloques de madeira diferentes sumas. Podémolo facer:

  • Aleatoriamente
  • Por cores (a táboa de sumar de cada número cunha cor diferente)
  • Escribindo algúns bloques e deixando outros en branco

…como queirades!

O xogo consiste en montar a torre (con tres bloques por piso) e, por quendas, ir quitando un dos bloques do medio e colocalos na parte superior. A novidade deste xogo consiste en que, antes de colocar o bloque extraído, debemos resolver a suma escrita mentalmente (non vale usar lapis e papel).

Se realizamos ben a suma, podemos colocar o bloque. Se fallamos, esperamos unha quenda sen xogar. Perde o xogador que faga caer a torre ou aquel que teña máis de cinco erros nas sumas.

Animádesvos a xogar nesta versión?

Xogo da torre das sumas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *