O aroma da choiva

AG.-

Que produce ese cheiro a terra húmida?

No pequeno texto do debuxo podes ler como se producen os 2 cheiros típicos de choiva e da treboada. Imos responder unha serie de cuestións sobre iso:

  • O cheiro da terra mollada está provocado por unha substancia producida por cianobacterias.

  1. Que son as cianobacterias? A que reino pertencen?
  2. Como fan a fotosíntese? (Igual ou diferente ca as plantas).
  3. Que importancia teñen no medio natural?
  • Mencionan o ozono (O3). O ozono é un contaminante en capas baixas da atmosfera (troposfera) e imprescindible para a vida en capas altas da atmosfera (estratosfera).

  1. Que efectos ten O3 como contaminante?
  2. Como se produce ese O3 contaminante?
  3. Como e de que nos protexe o O3 na estratosfea?

CURRÍCULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato (Bloque 4. A biodiversidade, Bloque 5. As plantas: funcións e adaptacións ao medio).

PROPOSTA REALIZADA POR: Xoán Xosé Santos Costa do IES A Guía.

FONTES: Imaxe de moléculas en galego.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *