Molestias e desexos

AG.- Xa sabemos que a convivencia é complexa e máis aínda en situacións excepcionais como a destes últimos meses. Para levalo o mellor posible desde o respecto e o cariño, a mestra Isa Fraguela, propónnos esta actividade.

Chámase “Molestias e desexos” e non foi inventada pola mestra Isa, senon que forma parte das propostas da ”Disciplina Positiva”, unha maneira de educar e de convivir dende a firmeza e o agarimo.

A actividade consiste en realizar unha reunión familiar na que todos e todas participen por quendas de palabra. Nela poderanse dicir aquelas cousas que nos molestan e o que nos gustaría que sucedese para cambiar esa situación.

A partir de aquí o aconsellable é ter en conta as molestias para tratar de facer os desexos que se pretenden realidade. Poderiamos facer unha táboa de “compromisos” asinados por todas e todos. Por exemplo:

“Moléstame que a miña irmá me berre cando algo non lle gusta. Gustaríame que ,en lugar diso, me dixera en baixiño o que lle pasa”
(Neste caso, o compromiso da irmá podería ser dicir con calma o que non lle gusta).

Para a realización desta reunión é interesante a elaboración de dous monicreques, un que represente algo agradable e outro algo desagradable (unha flor e unha araña, por exemplo) con trapos vellos, calcetíns, paus de madeira, cartolinas, plastilina etc.

Estes son os da familia de Isa, creados misturando os gustos e ideas de tod@s. Podedes facer os mesmos ou inventar os da vosa familia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *