Escape room: onde está o director?
AG.- Neste escape room creado por Ángela L. Covelo, temos traballo dabondo. A misión é atopar ao director, e para iso teredes que superar unha serie de probas.
Instrucións:
1. Tedes que resolver as probas dende o número 1 ao número 5.
2. Collede papel e algo para escribir, xa que debedes ir anotando cada resposta. Unha vez que as teñades mandádeas a aulasgalegasmusica@gmail.com nun único correo electrónico.
3. Podedes acceder ás probas dende as ligazóns do PADLET ou ben a través das ligazóns dos vídeos de youtube, o que vos resulte máis cómodo.
4. Unha vez recibamos as 5 respostas, mandarémosvos a solución ao enigma e saberedes onde está o director. Ademais teredes unha sorpresiña máis.
5. Se tedes dúbidas ou problemas de acceso escribídenos sen problema ao mail ou nos comentarios.
6. Antes de comezar, observade as cancións que escoitaredes de fondo nos vídeos xa que son auténticas obras de arte, así que… a gozar!
Preme aquí para acceder ao scape room.