Xogamos a facer rochas?
AG.-
OBXECTIVO: repasar a formación e o ciclo das rochas.
MATERIAL:
- Ceras de cores (3 ou 4 sería suficiente) das que teñades pola casa, mellor se son tipo Manley.
- Relador para facer fragmentos pequenos de “rocha”.
- Coitelo para facer fragmentos máis grandes de “rocha”.
- Cazo, pota ou similar para o baño María.
- Papel aluminio.
- ATENCIÓN: para os pasos do baño María, se o necesitades, pedide axuda a un adulto e sempre con coidado e seguridade para evitar queimaduras. Pensade que a cera quente queima bastante.
PROCESO:
- Relamos e cortamos as ceras para simular procesos de meteorización, e, desta maneira, obtemos fragmentos de diferentes tamaños. Pensade que co relador se obteñen sedimentos tipo area e coa espátula podedes obter gravas.
- Posteriormente, mestúranse os distintos fragmentos na palma da man e apértanse. Deste xeito litificamos os sedimentos e obtemos unha rocha. Podedes observar que as rochas sedimentarias se desfán con certa facilidade.
- Collemos a nosa rocha sedimentaria e envolvémola en papel de alumino facendo unha cápsula e quentámola lixeiramente ao baño María durante 1-3 minutos. Este paso é fundamental, tedes que vixiar ben o proceso. Recordade que non pode chegar a fundir. Unha vez quentada, sometemos a rocha a elevadas presións, mediante o noso pé (pisa, pisa).
- Atención hai que comprobar que a «rocha» estea ben envolta, senón despois tedes que quitar a cera do chan e non é un traballo sinxelo. O resultado é unha rocha metamórfica.
- A continuación, volvemos a envolvela en papel de alumino e quéntase de novo ao baño María ata que se funda completamente, deste xeito obtemos magma. A continuación, deixades arrefriar. Ao solidificar temos unha rocha magmática.
LEMBRANDO O CICLO DAS ROCHAS:
- MAGMA
- ARREFRIAMENTO
- ROCHA MAGMÁTICA
- EROSIÓN
- SEDIMENTACIÓN
- SEDIMENTOS E ROCHA SEDIMENTARIA
- METAMORFISMO
- ROCHA METAMÓRFICA
- FUSIÓN
CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 2. A Terra no universo, Bloque 1. Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica); Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO ( Bloque 1. Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica, Bloque 4. O relevo terrestre e a súa evolución).
PROPOSTA REALIZADA POR: Patricia Carracedo do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña.
FONTES: fotos feitas polo alumnado.
Moi bo! Ademais ten pinta de divertido, o levaremos ao aula. Grazas.