Aro sensorial bebés

AG.- Como ben sinalamos nunha publicación anterior, segundo a defensora da autonomía dos nenos Emmi Pikler, a cativada cando actúa por iniciativa e interese propio, adquire capacidades e coñecementos moito más sólidos que cando intentamos ensinarlle.

Por iso queremos mostrarvos este aro sensorial, o cal empregarán os bebés que aínda non teñen a mobilidade de desprazamento. Esta actividade permite descubrir diferentes texturas dende a posición boca abaixo e explorar os obxectos dende a posición boca arriba. Así conseguiremos que experimenten ao mesmo tempo que fortalecen o corpo para alcanzar a posición de gateo.

A súa elaboración é moi sinxela, precisamos un aro e calquera textura que se vos ocorra. Cantas máis mellor!

Aro sensorial, idea de Verónica Carbajales.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *