A auga confinada

AG.-

Moi boas rapazada!

Hoxe compartimos o proxecto trimestral ” A auga confinada“. Neste recurso tan completo, atoparás sete tarefas relacionadas coa auga:

  1. Afondar nos seus cambios de estado.
  2. Coñecer o seu ciclo e as súas fases.
  3. Demostrar as túas artes plásticas cunha manualidade de pintura soprada.
  4. Facer un experimento.
  5. Investigar as mexturas con outros elementos.
  6. Traballar as medidas de capacidade.
  7. Escribir “haikus” sobre este líquido.

Tamén poderás realizar unha actividade de “Pensar, Sentir e Facer” relacionada coa crise do coronavirus e, por último, gozar e reinterpretar un conto.

Molládevos con este proxecto!!!

Proxecto e conto realizado polo mestre Javier García García.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *