Pasapalabra de repaso xeral (Lingua Galega 3ESO)
AG.- O curso lectivo, coas súas pandemias e estados de alarma, chega á súa fin. Aquí queda un Pasapalabra, dos de Genmagic, para quen queira facer un repaso xeral dos contidos de Lingua Galega e Literatura de 3ESO. Un chisco de todo (Gramática, Lingua e Sociedade, Literatura…) metido no rosco alfabético. A xogar!