O tabú dos contos
AG.- Hoxe queremos compartir con vós un xogo sobre contos clásicos. Consiste en adiviñar de que conto estamos a falar, pero sen empregar unha serie de palabras tabú (tabú significa “que non se pode nomear”). As regras son moi sinxelas:
- Precisamos como mínimo dúas persoas para xogar.
- Un xogador colle unha carta (que estará colocada nun montón boca abaixo).
- Cada tarxeta conta co nome dun conto (en letras moradas) e varias palabras tabú.
- A persoa que colle a carta debe explicar de que vai o conto sen empregar as palabras que aparecen escritas na tarxeta.
- Quen acerte será o seguinte en coller.
- Gaña quen máis contos acerte.
Podedes descargar aquí as tarxetas e crear as vosas propias con contos escollidos por toda a familia.
Esperamos que vos guste este xogo!!!