Facemos unha paxariña con papiroflexia
AG.- Hoxe Lolo tráenos unha nova actividade de papiroflexia! Con ela imos elaborar unha paxariña de papel. Recordade que con este tipo de actividades imos traballar a atención e a concentración, así como a destreza manual e a coordinación óculo-manual.
Prestade moita atención e ide paseniñamente para non perderdes ningún dos pasos!