Contos na lareira
AG.- A nosa cultura popular está chea de contos, historias, mitos… todos eles ao redor dunha lareira. Coa actividade que vos propoñemos hoxe queremos poñer en valor e recoller todos eses contos que foron pasando de pais a fillas e de avoas a netos. Tamén podes enviarnos os teus recordos e pensamentos ao redor dunha lareira.
Colabora con nós nesta recollida enviándonos o teu vídeo a aulasgalegasmaiores@gmail.com. Podes facelo ata o 23 de xuño. Aquí tamén tes unhas instrucións que debes ter en conta para facer a túa gravación.
Deixámosvos unha pequena mostra que nos enviou Antonio, onde ao pé da súa lareira recorda os bos momentos que pasou ao seu carón.
Moito ánimo e agardamos polos vosos vídeos!!
Toda a vida familiar xiraba en torno a lareira. Cantas historias se contarían nese lugar tan máxico.
Aurora! animádevos a enviarnos algunha desas historias tan marabillosas. Estamos desexando coñecelas e darlles difusión. Moitas grazas polo teu comentario.