Extracción de ADN vexetal caseiro.
AG.-
MANS Á MASA:
-
MATERIAL:
-
Vexetais ou froitas: amorodos, tomate, plátano ou un puñado de chícharos conxelados
-
Auga
-
Sal de mesa
-
Deterxente lavalouza
-
Alcol de 96 º moi frío (méteo no conxelador ou na neveira)
-
Culler
-
Dous vasos
-
Recipiente tipo bol (opcional)
-
Coitelo
-
Batedor ou bolsa tipo zip
-
Mazo (opcional)
-
Coador ou filtro de café
-
PROCEDEMENTO:
-
Bota medio vaso de auga.
-
Engade 3 culleradas de deterxente lavalouza.
-
Engade unha cullerada de sal.
-
Mentres non a utilices, mete a mestura no frigorífico ou conxelador para mantela fría.
-
Corta o vexetal elixido en anacos.
-
Tritura os anacos do vexetal no batedor ou utilizada a bolsa tipo zip, introduce os anacos do vexetal e esmágaos cun mazo.
-
Mestura nun recipiente grande ou na bolsa tipo zip o triturado do vexetal coa disolución inicial de deterxente, sal e auga do vaso.
-
Mestura todo polo menos 5 minutos. INTENTA QUE NON SE FORME ESCUMA.
-
Fai pasar a mestura por un coador ou filtro de café a outro vaso.
-
Engade aproximadamente medio vaso de alcol frío. Débese deixar escorrer lentamente o alcol polas paredes do vaso, tendo o vaso inclinado. O alcol quedará flotando sobre a mestura.
-
Deixa repousar durante 5 minutos ata que se forme unha zona avolta (turbia) entre as 2 capas. (Mentres esperas este tempo, podes ir recollendo e limpando todos os recipientes empregados anteriormente).
-
Introduce unha culler xusto debaixo do alcol (a zona avolta que queda entre as 2 capas). Remove a vara cara a adiante e cara a atrás e aos poucos iranse enrolando os fragmentos de maior tamaño de ADN.
-
Pasado un minuto, retira a vara atravesando a capa de alcol, co cal o ADN quedará adherido ao seu extremo, co aspecto dun floco de algodón mollado.
-
RESULTADOS: o produto filamentoso obtido da extracción non é ADN puro, xa que, mesturado con el, hai fragmentos de ARN. Unha extracción “profesional” realízase engadindo encimas que fragmentan as moléculas de ARN e que impiden que se unan ao ADN.
MANS Á MASA, envía as túas fotos e os resultados!
CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxia 4º ESO ( Bloque 1. A evolución da vida).
PROPOSTA REALIZADA POR: Patricia Carracedo do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña.
FONTES: fotos feitas polo alumnado.