Control de esfínteres
AG.- O control de esfínteres é un tema angustioso para as familias. Neste caso o importante e dar tempo aos máis pequenos e pequenas, pois trátase de que vaian adquirindo a capacidade, non é algo que se aprenda.
Cada crianza é diferente, e polo tanto, non existe un momento concreto para deixar o cueiro, pero o rango de control pode ir dende os 18 meses ata os 3 anos. É importante ter en conta que tan só é un proceso que chegará antes ou despois, cando sexan o suficientemente maduros para controlar o seu corpo. Polo xeral adoita darse cando aprenderon a camiñar con soltura e a dicir algunhas palabras.
Como facilitar o proceso? Preparación:
-
Falar con eles dicíndolles se fan pis ou caca no cueiro para familiarizarse cos termos.
-
Empregar roupa cómoda que axude á súa autonomía de subir e baixar.
-
Dar a posibilidade de sentar no penico ou inodoro para coller hábito, despois das comidas é bo momento. NON FORZAR!!
-
Non enfadarse se non quere sentarse no váter ou penico. Ter paciencia e traballalo a través de contos ou xogos.
-
Fomentar a rutina de ir ao baño en compañía, cos proxenitores, irmáns… pois aprenden por imitación. Establecer rutinas é importante pero tamén debemos ter en conta o ritmo de cada individuo.
-
Non exceder o tempo de espera sentado no váter. Felicitar polo éxito ou animar para a próxima vez.
-
Facelos partícipes de que baixen o pantalón, bodi e saquen o cueiro.
-
Ensinarlles a limparse e deixarlles que practiquen, ofrecer a nosa axuda, se o precisan.
É un bo momento deixar o cueiro, cando:
-
Avisa de que ten o cueiro sucio.
-
Avisa de que nese momento están facendo pis ou caca.
-
Pasan intervalos de tempo longos co cueiro seco.
-
Pide pis ou caca.
Algúns aspectos para ter en conta unha vez que deixen o cueiro poden ser:
- non volver a poñelo unha vez que se deixe;
- non anoxarse se lle escapa o pis ou a caca;
- ter en conta que o control de esfínteres pode durar dunha semana a un mes;
- non facer promesas nin empregar castigos.
Así pois, como vemos é un proceso no que ter paciencia é fundamental, e como din Ortega e Gasset “camiña lento, non te apures, que ao único lugar ao que tes que chegar é a ti mesmo”.
Verónica Carbajales