Teledocencia: indicacións e trucos (IV)

AG.- Continuamos coas recomendacións de Xurxo Fernández-Nóvoa.

Dicionarios en liña e aplicacións para os vosos móbiles

Para procurar léxico galego podemos consultar estes dicionarios en liña (algúns dispoñen de aplicacións -apps- para os teléfonos móbiles):

• Dicionario da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario
• Dicionario Estraviz: https://estraviz.org

• Dicionario de dicionarios:http://sli.uvigo.es/DdD/
• Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués (usc. instituto da lingua galega): http://ilg.usc.es/Tesouro/
• Dicionario de Portugués Priberam (inclúe léxico galego): https://www.priberam.pt/dlpo/
• Dicionario de pronuncia galega: https://ilg.usc.es/pronuncia/

bUSCatermos (para procurar tradución ao galego de palabras descoñecidas para nós)

Titorial bUscatermos

• Sinónimos do galego: http://sli.uvigo.es/sinonimos/
• Portal das palabras: https://portaldaspalabras.gal/
• Dicionario digalego.gal (varias linguas): Ferramenta lexicográfica de máis de 65000 entradas con base no VOLGa .https://digalego.xunta.gal/
• Dicionario Galnet (varias linguas): http://sli.uvigo.gal/digalnet/

Conxugación verbal

O Ximnasio dos verbos é unha app para móbil coa que, alén de aprender sobre o verbo galego con útiles e breves leccións, podemos aprender e practicar os verbos con alternancias vocálicas e irregulares en galego:

https://play.google.com/store/apps/details?id=org.apache.cordova.Ximnasio

Tamén, en caso de termos dúbidas sobre como se escribe unha determinada forma verbal, a maioría dos dicionarios permiten consultar o paradigma dos verbos que procuremos neles (todos os modos e tempos dese verbo).

ConxuGalego

Esta app feita na Galiza axuda a saberdes conxugar perfectamente un verbo en galego. Alén de che mostrar a conxugación completa, podes procurar o significado e traducir a palabra. Dispoñíbel para Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.sonxurxo.android.conxugalego e iOS: https://apps.apple.com/es/app/conxugalego/id501165659


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *