OUTRA DE DILEMAS: O YOUTUBER TRUCUS
AG.- Deixámosvos con outro dilema moral. Foi un dos que se traballou na VII Olimpíada Filosófica de Galicia.
Atréveste a pensalo?
O meu ídolo é o youtuber Trucus; ten un millón de seguidores, eu gozo véndoo (a verdade é que ultimamente varias hora ao día) e, sobre todo, falando despois dos seus vídeos cos amigos do instituto. Son tímido e é a forma que teño de relacionarme con eles. Á maioría gustaríanos ser coma el, moi ricos facendo só vídeos e pasándoo sempre ben sen estudar. O meu irmán maior dime que escoitou nas noticias de non sei que canle que Trucus acaba de ser denunciado por estafas e abuso de menores. Dime que debería comentárllelo aos meus amigos e, sobre todo, deixar de velo e adoralo. Non podo crer que o meu mito vaia caer polo chan. Non quero investigar e arriscarme a que sexa certa a denuncia. Tampouco me apetece falalo cos amigos. Van crer que o digo para fastidiar, mofaranse de min por facer caso ao meu irmán e poden deixar de falarme ou cousas peores. Ademais, se cadra o meu irmán só mo di para fastidiarme.
Que facer?