O mar da fin do mundo
AG.- No Día Mundial dos Océanos convidámosvos a ver estes dous capítulos sobre a costa galega.
Esta primeira entrega xira arredor dos comportamentos e das pautas de reprodución dos cefalópodos.
Agora que xa vistes o capítulo, atrevédesvos con este pasapalabra relacionado co vocabulario do vídeo?
<
E esta segunda entrega céntrase na aplicación de técnicas que permiten descifrar a bioloxía das especies mariñas e a súa interrelación cos organismos que os rodean.
E que tal andades de comprensión? A ver se estivestes atentas:
- Que sistema de estudo dos peixes emprega o instituto de investigacións mariñas que protagoniza o vídeo?
- Que quenllas abondan nas augas galegas? Cantos tipos? Aparecen outros escualos no documental? Cales?
- Que conclusión podemos tirar sobre a pertenza ou non de pintos e maragotas á mesma especie?
- Que lles gusta facer coa súa cuncha ás centolas que habitan as nosas rías?