Botánicos rebeldes.

AG.-

DESESCALADA SI… PERO CON FLORES!

A pandemia actual do coronavirus representa unha oportunidade única para que repensemos o noso modo de habitar a Casa Común, a forma como producimos, consumimos e nos relacionamos coa natureza”. Leonardo  Boff

  • Que vos parece amosar aos  veciños e veciñas os nomes das plantiñas silvestres que saen na vosa vila? Entre os empedres, nos muros, beirarrúas, cunetas, …

  • Só tedes que buscar unha planta silvestre que medre nalgún lugar da vila que teña ao lado algo onde poder escribir cun xiz: asfalto, beirarrúa… sempre sen danar nada, claro, nin molestar a ninguén.

  • Tedes un exemplo da  que acabo de facer eu nas fotos que achego co nome “agulleiras”, que é un dos nomes galegos do Geranium robertianum. Nunha segunda parte podemos pedirlle á profe de latín asesoramento para atopar a súa etimoloxía. 

  • Neste caso, buscando, vin que Geranium deriva do grego: geranion, que significa “grou”, aludindo á aparencia do froito, que lembra o pico desta ave (grulla en castelán). Robertianum está adicado Gaspard Nicolas Robert (1776-1857), botánico francés.

  • Como facer?

  1. Buscar unha planta en flor que cumpra os requerimentos para ser fotografada.

  2. Identificación: baixade esta aplicación de móbil para identificar plantas https://plantnet.org/en/ . Tedes aquí un titorial ( Como usar Plantnet ), e se tedes guías, usádeas.

  3. Subir a foto á presentación compartida no classroom para a súa corrección, e respectando o deseño, tal como se indica na propia presentación, na diapositiva debe ir : a) O voso nome e curso, b) O nome da vila ou lugar, e a data, c) O nome ao que chegastes da planta (nun cadriño na propia diapositiva, xa o borraredes logo), d) Para buscar os nomes galegos: https://achave.gal/#recursos .

  4. En canto vola devolva xa podedes ir ao lugar da planta, poñerlle o nome (en galego e en latín) e sacarlle a foto, sempre seguindo estas consideracións: a) Pintar só sobre superficies con ausencia de vexetación, nin ningún tipo de tipo de ser vivo; liques, fungos, larvas … Lembrade que non podemos ocasionar danos ou molestias, b) Non pintedes sobre monumentos ou propiedades sen consentemento do propietario. c) Empregade xiz ou calquera outro material sempre e cando poida ser borrado con facilidade. d) Lembrade que os nomes científicos van en cursiva ou subliñados, e só leva maiúscula a inicial do xénero.

  5. Subir de novo a foto á presentación compartida no classroom substituíndo a anterior pola nova co nome xa na foto. Tamén podedes compartila nas vosas redes.

Para a Reflexión: a continuación uns textos extraídos deste artigo:

‘No solo malezas’: cómo los botánicos rebeldes están usando graffiti para nombrar flora olvidada

Esta idea de nomear plantas silvestres, que comezou en Francia, volveuse viral, e a xente comparte as súas imaxes nas redes sociais. 

Francia prohibiu o uso de pesticidas en parques, rúas e outros espazos públicos en 2017 e en xardíns a partir de 2019, o que levou a un aumento na conciencia das flores silvestres urbanas no país. A botánica e activista francesa Sophie Leguil, que vive en Londres, organizou a campaña More Than Weeds para cambiar as percepcións das plantas urbanas no Reino Unido despois de axudar a difundir a campaña de xiz de Sauvages de ma rue (“cousas salvaxes da miña rúa”) en Francia liderado por Tea Botanica . Ela obtivo permiso para marcar as estradas de Hackney e facer carreiros de xiz para resaltar a flora esquecida aos nosos pés.

“Se cambiamos as nosas percepcións e vemos a flor do dente de león polo que é, unha liña de vida absoluta para as nosas abellas a principios da primavera, poderiamos aprender a amalas máis ”.

Un estudo realizado por investigadores de  polinizadores revelou que moitas “malezas” urbanas silvestres teñen grande importancia pola cantidade de  néctar e pole que proporciona cada flor, a miúdo moito máis que unha variedade de plantas de xardín. Un exemplo é o coñecido dente de león. 

Andrew  Whitehouse, do  fideicomiso de conservación Buglife, dixo que as plantas de camiño e parede tamén son importantes como fontes de alimentos de inverno cando hai menos flores dispoñibles para insectos como os abellóns. “Debaixo, as raíces créanse pequenos  microhábitats que soportan  cochinillas, vermes,  recolectores, lesmas, … que á súa vez se converten no alimento para paxaros e ourizos”, agregou.

Toulouse : ce botaniste trace à la craie le nom des plantes sauvages

  • Os primeiros resultados neste vídeo… ANÍMASTE?

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra); Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO (Bloque 3. Ecoloxía e medio ambiente); Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato (Bloque 4. A biodiversidade).

PROPOSTA REALIZADA POR: Belén L.Arenal (belenarenal@gmail.com) e a colaboración dos departamentos de LLG e LAT, do IES Fernando Blanco de CEE.

FONTES: profesora e alumnado.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *