Que número é? Detective matemático

AG.- Gústanche as Mates? Darlle voltas á cabeciña é o teu? Pois parabéns, esta actividade é para ti! Este é un recurso con pistas relacionadas cos números, só apta para detectives matemáticos intrépidos. Vai a modo e atende ben: maior, menor, sumas, restas, decenas, unidades, a recta numérica… Logo de escribir os resultados no teu caderno, podes comprobar se estás no certo. Pero como di a mestra Rosa Moreiras: “Un bo detective non fai trampas! Resolve primeiro e comproba despois!”

A pescudar!!!

Despois de xogar, contabiliza os teus acertos. Moita sorte!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *