Bibliografía
AG.-Unha destreza básica para o alumnado é a aprendizaxe mediante a elaboración de traballos e proxectos de diversa tipoloxía ao longo da súa vida académica que sempre gardan un elemento en común, a presenza dun apartado onde se recollen as diferentes fontes de información das que se nutriu ese labor de investigación tradicionamente coñecido como Bibliografía aínda que tamén pode recibir outras denominacións como Fontes de Documentación ou Fontes de Referencias.
Este material está pensado para ser utilizado na materia de Investigación e Tratamento da Información de 1.º curso de ESO mais pode empregarse nas aulas de calquera nivel a partir deste.
De desexar empregar esta presentación en Bacharelato, o profesorado debe ter en conta que habería que engadir máis tipos de fontes que aquí non están presentes por se trata dunha introdución (capítulo de libro, disco, canción de disco, noticia de xornal en papel ou artigo de revista, etc.).