Pets

AG.- A ti que che gustan os animais, presta atención ás actividades que che suxire a profesora Luana BR. O primeiro que debes facer é mirar atentamente este vídeo sobre un refuxio de animais e contestar as preguntas propostas nesta ficha de traballo.

Seguro que sabes coidar moi ben da túa mascota, pero tes claro o que debe e o que non debe comer? Velaquí podes descargar un exercicio co que obterás a información necesaria.

Por último, Luana quere presentarche Apadan, unha protectora de animais domésticos que se atopa no concello de Culleredo. Todos eles precisan darse a coñecer para poder ser adoptados, polo que, seguindo o modelo achegado, serías quen presentar un dos amiguiños que acollen empregando este padrón? Mellorarás a túa competencia na lingua estranxeira ao mesmo tempo que contribúes cunha boa causa. Anímate!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *