Modelos matemáticos para enfermidades transmisibles. O modelo SIR

AG.- Este artigo recolle a unidade didáctica “Como predicimos o desenvolvemento dunha pandemia como a do COVID-19? Analiza e compara distintas epidemias ao longo da historia da humanidade”, realizada por Ceferino M. López Sández e Wajih Al-Soufi e difundida a través de XuvenCiencia.

A unidade didáctica conta con actividades para que sexades quen de usar o modelo SIR, do que tanto se fala estas semanas nos medios de comunicación, nunha folla de cálculo, co obxectivo de procurar predicir o comportamento de diferentes doenzas epidémicas.

Tedes acceso á Folla de cálculo e o Documento en pdf co contido de toda a unidade didáctica.

Podedes atopar toda a información da unidade didáctica na entrada do blog de XuvenCiencia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *