Directorio de alimentación ecolóxica galega: de onde sae o que comemos?

AG.- Aproveitando que o próximo 5 de xuño se celebra o Día do Medio Ambiente, podemos reflexionar ao redor dos nosos hábitos de consumo de alimentación. É bo que saibamos que as nosas decisións de compra inflúen de xeito importante no futuro do comercio de proximidade e das explotacións agrogandeiras galegas.

Compartimos este útil Directorio de Alimentación Ecolóxica Galega elaborado por Amigos da Terra, onde podemos atopar unha relación moi completa de:

– produtoras e produtores de venda directa;

– tendas especializadas;

– grupos e cooperativas de consumo.

Se tes dúbidas do significado das tres categorías anteriores, podes atopar máis información no Directorio mentres aproveitas para atopar as opcións de consumo ecolóxico e de proximidade dispoñibles na túa contorna.

Algunhas cuestións para a auto-reflexión:

– Fago a compra de xeito habitual no pequeno comercio local e tendas de proximidade, fronte ás grandes superficies?

– Consumo alimentos de tempada e producidos cerca da miña comarca, fronte a “alimentos quilométricos”?

– Trato de priorizar a compra de produtos a granel, fronte a alimentos envasados?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *