Adiviña de quen falamos
AG.- Hoxe Andrea proponnos unha actividade moi divertida, adiviña de quen falamos, a través da que traballaremos diferentes capacidades cognitivas (memoria, linguaxe e lóxica) así como a nosa axilidade mental.
O xogo consiste en ir adiviñando as persoas famosas a través das pistas que imos dando; ao final de cada pista aparece unha fotografía coa solución onde veremos a persoa que describimos.
Esta actividade podedes levala a cabo en familia, interactuando cos máis pequenos da casa, falando de cada unha das personaxes que aparecen na actividade, desta maneira tamén ampliaredes a tarefa proposta.
Está moi ben a actividade. Noraboa
Graciñas Marta 😉