“O plasma de quarks e gluóns”, quinta sesión do ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara ao mundo”

AG.- A ciencia de ficción sempre se interesou polos quarks e os gluóns, pero sabiades que son moi reais? Estas partículas son imprescindibles para explicar a orixe do universo, por iso hoxe en día é un tema moi en auxe na física. O xoves 4 de xuño ás 16:00 (hora de Madrid), o investigador predoutoral do IGFAE, Pedro Agostini fará unha introducción histórica á orixe da teoría de quarks e gluóns, os bloques fundamentais da forza forte, e amosará a importancia que teñen actualmente na física de partículas.

“Universo peregrino: ciencia galega cara ao mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Podes seguila neste link https://youtu.be/OPoHe4v9GOk

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *