O baloncesto a través do rock.
AG.- A banda dos insectos constitúe unha proposta innovadora na divulgación deportiva. A mestura de rock e deporte achega frescura e ritmo ás explicacións.
A banda dos insectos é un proxecto educativo-musical que busca familiarizar a rapaces e rapazas coa linguaxe do baloncesto e os valores que implica o deporte, empregando como vehículo a música rock en galego.
Este pasado mes de outubro publicaron o audiolibro A Banda dos Insectos – Pasando a Bóla, unha novela xuvenil acompañada de 10 cancións orixinais da banda.
Información sobre A Banda dos Insectos
Unha desas opcións interesantes para Ter na biblio do centro.
Xa nos contarás como funcionou!