Oralidade: papas na boca
AG.- Botamos o día falando, e sen decatarnos da cantidade de formas de comunicación diferentes que estamos a utilizar! Manuel Rosales Graña e Ana Rial Aparicio estaban facendo unha sopiña e caéronlles dentro do caldeiro 8 nomes de tipos de texto orais. Axúdalles a pescar as letras para recompoñelos!
Paréceche que se fala igual nun discurso político que nunha conversa amorosa? Recitando un poema ou retransmitindo un partido de fútbol? Atrévete a recoñecer as diferentes situacións nestes textos orais propostos por Ana Rial Aparicio e Manuel Rosales Graña, aínda que non lles entendas nadiña o que din, porque os distintos aspectos vocais da oralidade son ben doados de identificar aínda que sexa sen palabras.