Xogando co Balance e os elementos patrimoniais
AG.- Esta semana compartimos unha proposta da nosa compañeira Lucía Castellanos (@Lucaco271): unha batería de xogos para traballar conceptos contables e repasar a ubicación no Balance dos distintos elementos patrimoniais.
A web www.educandy.com desde a que se elaboraron estes xogos está en inglés, polo que imos renomealos para ter máis claro como xogar en cada unha das 5 propostas. Podes clicar directamente nos enlaces ou ben descargar no teu dispositivo a aplicación e xogar offline.
Xogo 1. “Multiple choice” ou “Elixe a resposta correcta“: escolle a opción correcta para cada definición… Ollo, que hai cronómetro!
Xogo 2. “Noughts & crosses” ou “3 en raia“: podes xogar contra outra persoa ou, se estás só/a, contra o ordenador.
Xogo 3. “Crosswords” ou “Encrucillado“: clica nas definicións da dereita e vai seleccionando letras por orde ata completar cada palabra do encrucillado.
Xogo 4. “Match up” ou “Encaixa no Balance os elemento patrimoniais“: despraza cada elemento patrimonial ata o seu lugar no Balance.
Xogo 5. “Memory” ou “Memoria“: destapa as cartas de 2 en 2 e vai emparellando cada elemento patrimonial coa súa localización no Balance.