Voamos nos afectos coa “Irmá paxaro” de Tamara Andrés Padín
AG.- Nestes tempos de confinamentos apresurados, a complicidade dos nosos irmáns e das nosas irmás é dun valor incuestionable; aínda que as discrepancias afloren en momentos, o agarimo e o afecto da irmandade axudan a ver o camiño para superar as inclemencias e os medos.
… instáloma narciso que xermola neste mar de perdas… E logo, cos anos, os irmáns e as irmás voan fóra do fogar e chega o momento das separacións mais tamén das lembranzas do pasado, dos xogos, da casa familiar… do carrusel no que nunca montamos…, soa a música doutrora…
As ausencias dos irmáns e das irmás, o paso do tempo, poden ser o golpe máis duro como ben nos transmite Tamara Andrés nos seus versos “ invoco os nomes enredados na historia da nosa infancia”.
A nosa proposta de hoxe é unha proposta afectiva (os afectos son precisos en tempos de incertezas): mirade o voso irmán, mirade a vosa irmá e dicídelle canto os queredes cun verso e cun bico…
a forma dos teus ollos segue abarcando todas as miradas…
Escoitade o poema na voz da nosa querida poeta Tamara Andrés na seguinte ligazón: