Caderno de grafomotricidade para maiores
AG.- A proposta de hoxe é un caderno de actividades de grafomotricidade. Que é a grafomotricidade e porque se emprega tamén cos adultos maiores? A grafomotricidade é o conxunto de exercicios cos que traballamos o movemento da man ao escribir. Mediante o traballo de grafomotricidade traballamos o desenvolvemento psicomotor.
Estas actividades empréganse especialmente en educación infantil, cando o neno ou nena comeza coa realización das grafías. Tamén empregamos estes exercicios para as persoas maiores, e todas aquelas persoas que por diferentes necesidades precisen recuperar estas capacidades.
Podedes descargar o caderno premendo aquí.